post-title Rectoral de Amandi no teatro

Rectoral de Amandi no teatro

Rectoral de Amandi no teatro
Nosotros , , , ,

Estamos de estrea! A obra “Raclette”, da compañía Ibuprofeno Teatro, estréase hoxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. O noso mencía Rectoral de Amandi ten un papeliño na obra: será o viño que se beban os actores e actrices durante a representación. 

raclette2

A Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela, a medida que comían, queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia.

E entre toda esta trama de “Raclette” estará presente o Rectoral de Amandi. Para nós é un pracer estar ao carón do teatro e a cultura galegas. Longa vida ao teatro!

0

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*