post-title Como é o teu entroido perfecto?

Como é o teu entroido perfecto?

Como é o teu entroido perfecto?
Salud! , , , , , , , ,

José Manuel García

Dinlle moitas voltas a este artigo. Pensei moito en que podería falar do entroido este rapaz de cidade que viviu entroidos máis ben descafeinados; non tiña claro que podía aportar eu a unhas datas tan importantes para Galicia. 

Si me remonto á infancia, lembro disfrazarme co primeiro que pillabamos; daquela, percorriamos as rúas do barrio de Fragoso en Vigo. Nunha etapa máis achegada á pre-mocidade, xa en Compostela, outro tanto do mesmo. Nunca faltaron, iso si, as orellas e as filloas nesas datas. Pero é certo que botei sempre de menos un pouco máis de ambiente en Compostela. A medida que van pasando os anos, comezas a descubrir que hai lugares de Galicia no que si existen fondas tradicións nestas datas. O gran descubremento foi hai dous anos, cando por fin visitei o “triángulo maxico”. Verín, Xinzo e Laza, son a mostra do que é vivir o entroido. Todos participan, festa, produtos típicos desta epoca e bó viño. Pero tamén en Manzaneda, en Maceda, en Riós, Viana do Bolo…a provincia de Ourense é entroido. Pero tamén noutros puntos de Galicia.

Hai tantos entroidos como persoas e lembranzas de cada unha delas. Por esta razón, pensei en preguntarlle a un bó grupo de amigos blogueiros e afeccioados á gastronomía, coñecidos como #comandoraposo, que nos contasen nun par de liñas cal é o seu entroido perfecto. Este foi o resultado:

Victor Blanjosiñoco “O Bandullo”, é un gran afeccioado a gastronomía. Tanto, que ten un fantástico video-blog onde poderedes descubrir moitas propostas interesantes. Para un habitante de A Coruña, como sería o seu entroido perfecto?

…o meu entroido ten que ter un cocido ben completo con familia e amigos. Orellas e filloas (as encigarradas da miña nai) e por suposto O Bandullo de Caldas…Percorrer as rúas e bares da Coru disfrazado, disfrutando da música, ambiente e a calor dos choqueiros e comparsas…moi normaliño…”

javimos

Javier Mosquera, Javi Mos para casi todo o mundo ( www.javimos.com), é un deses cracks indefinibles. Verbo desbordante, mente inqueda que pon en dúbida todo, ata a el mesmo. Navega e domina a rede  de redes como nadie pero, sobre todo, gústalle a boa mesa coma ninguén (a pesar de insistir en que ten un padal inexistente). E como é para el o seu entroido perfecto?

“…á miña mente vén inevitablemente Filloas de sangue de lamprea cubrindo un bó chouriso seboleiro… Non hai mellor entroido no mundo enteiro!

josito

Jose Silvarredonda “Josiño” é outro cociniñas de luxo afincado en A Coruña. No seu blog cocinaykuchnia.blogspot.com fainos unha impresionate proposta da cociña de Galicia a Polonia. Precisamente isto xérame un interese en coñecer como fusiona tamén unha festa como a do entroido.

“…entroido perfecto, laconada coa familia, outra con amigos,… pasear pola rúa da Torre coa miña princesiña e disfrutar das charangas. Por suposto, ademáis do lacón, as filloas e orellas….Dende que son polaco tamén Paczki, o Faworky para celebrar o Tlusty Czwartek (Xoves de grasa) …atlanticamente jajaja…”

cruJosé Crusat, é un deses tolos marabillosos que atopamos no mundo do viño. Adegueiro, viticultor, pero ademais cocinillas e verdadeiro friki do mundo do pan. No seu blog delcomercioydelbebercio.blogspot.com ides atopar as moitas aventuras nas que anda metido. Pero, como é o entroido perfecto para un do Barbanza?

“…para min o entroido era ir de choqueiro sen roupas rimbombantes nin peluches. Iso si, tamén sen o cutre mono azul de obra. Ir pedindo polas casas durante a noite filloas, orellas e demais doces de entroido. E claro, onde non nos daban poñiamos petardos ou ovos podres, que para iso comezabamos 3 meses antes indo roubar os ovos nos galiñeiros de toda a redonda, jajaja. Así que o entroido xa comezaba no Nadal. No Barbanza sómosche así, pero nunca faltará o viño!!

costas

Lorena Costas, leva camiño de convertirse nun referente grazas ao seu coñecemento do mundo do viño, pero sobre todo no seu xeito de expresalo. E capaz de convertir a súa paixón polo viño en casi poesía cando les en lorena-bakemyday.blogspot.com ou na revista “Pinchaediscos”. Pero ademáis é ourensá, así que pódese dicir que leva o Entroido con ella. Pero cal é o seu entroido perfecto?

“…o entroido non se concibe para min de ningunha maneira que non inclua cocido, bó viño sempre, orellas e como boa ourensá, sair disfrazada todos os días de Entroido, e máis se houbera! De feito o martes e festivo en Ourense!!…”

paloma

Paloma Fernandez Marco, é unha madrileña casi máis galega que a ría de Vigo. Gran apaixoada do mundo da gastronomía e o viño, conta dun xeito moi persoal e especial, as suas experiencias gastronómicas no blog www.epicureista.com onde pasarás un bó rato de lectura. Pero no seu caso cal é o entroido perfecto?

“…no meu caso Madrid non ten tantas tradición arraigadas como aquí. Tamén é certo que non son persoa de grandes multitudes. Sei que na terra de Cangas, onde vivo, existe moita tradición en Hío, Donón e Darbo. Ao que non renuncio en absoluto,son as viandas típicas de entroido, porque de comer si son, jajaja…”

maicaE rematamos con Maica Couto, neste caso experta en servizo de sala e docente na Escola de Hostelería Carlos Oroza de Pontevedra. Unha persoa que aplica unha marabillosa paixón na sua función de formar a futuros profesionais. A isto hai que engadirlle a súa outra paixón: o mundo do viño. E para unha profesional da hostelería como Maica, como é o seu entroido perfecto?

“…pois tan sinxelo como moitas risas en boa compaña arredor dun bó cocido. Tamén pode ser cocidos de viño, jajaja, pero sempre con bó viño e boa xente…”

Pois xa vedes que se cumpre a miña teoría de que hai tantos bós entroidos como persoas. Aquí vos xuntei a opinión dun grupo de bós amigos aos que quero moito. Pero mentres, tamén nos podedes contar vos, cal é o voso entroido perfecto. O meu, sera chamar a todos estes do #comandoraposo e quedar para disfrutalo xuntos como sempre o facemos. Bo entroido!

0

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*