post-title Rectoral de Amandi no Festival de Cans!

Rectoral de Amandi no Festival de Cans!

Rectoral de Amandi no Festival de Cans!
Nosotros , , , , ,

O Festival de Cans é un dos eventos culturais más importantes e mediáticos de Galicia. Miles de persoas(o ano pasado foron 13.000) dánse cita durante catro días nunha parroquia do Porriño de menos de 500 habitantes. Novos creadores do audiovisual, caras coñecidas do cine e a televisión nacional, directores, músicos, etc. Mestúranse cos veciños da aldea, co público en xeral convertendo a Cans no epicentro cultural de Galicia durante estés días. Rectoral de Amandi, que aposta sempre polos proxectos culturais que pagan a pena, colabora este ano co certame.

Ademáis de apoiar a continuidade do xornal oficial do Festival de Cans, o CanZine, no que escriben xornalistas, actores, actrices, realizadores, etc, apadriñamos un “jalpón”, unha das salas nas que se proxectan as curtametraxes a concurso. Pero Rectoral de Amandi non quixo apoiar o certame apadriñando unha saca calquera, apadriñou o “Baixo de Bugarín”, un dos buques insignia do Festival. Nel, ademáis de proxectarse as curtas o sábado -o día grande- en varias sesións, acontecen máis cousas: é un jalpón visitado por máis de 500 escolares de toda a comarca que escoitarán alí como realizadores, actores e demais xente do audiovisual, lle falan de cine. Tamén acollerá importantes charlas. A máis destacada será a que o coñecido actor Daniel Guzmán dará canda o escritor Suso de Toro sobre o documental “Mar de fondo”.

Festival de Cans

Daniel Guzmán e Luis Tosar no chimpín.

Xa o sábado chega o día das curtas, o día grande. Na nosa sala proxectaranse parte das curtas que se presentan a concurso e que optan aos cobizados Cans de Pedra, so galard’ons que o Festival outorga en distintas categorías. No Baixo de Bugarín dar’anse cita centos de persoas para visionar as curtas.

Concerto no torreiro de Cans. Pixelin Photo.

Pero Cans, ademais de ser un festival de cine, ofrece unha ampla variedade de actividades que conforman unha programación de luxo; Zona infantil con programación propia, concertos, conferencias de reconecidos directores (este ano visita a parroquia o realizador Montxo Armendáriz), concertos nun galiñeiro, etc. En definitiva, o Festival de Cans non só se converteu en algo grande polo seu apoio ao audiovisual galego e aos novos creadores, se non tamén porque a sua oferta cultural e enorme durante os catro dias que dura o certame.

Brindemos por Cans, polos seus vecinos xenerosos e toda a xente que o fai posible. E brindemos con Rectoral de Amandi, claro, unha das marcas que o apoia economicamente para que dure mil primaveras máis. Viva Cans!

0

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*